VAGHEGGI
WHITE MOON
Esta línea axuda a homoxeneizar a pel en color e tono aportando gran frescura e luminosidade. O concentrado iluminador é un complexo anticontaminación con pigmentos de efecto iluminador e recheo, que deixa a pel homoxénea e lustrosa optimizando a acción antienvellecemento.
LIME
O obxectivo desta liña é despertar e iluminar a pel do rostro, ademáis de protexela e nutrila cunha potente acción antioxidante e antienvellecemento. Aliada perfecta en tódolos tratamentos previos e posteriores á exposición solar.
-CREMA
Actúa como un antiestrés de día e noite aumentando a actividade estimulante co que ademáis de iluminar aporta elasticidade á pel do rostro e escote.
-FLUÍDO
Emulsión fluída para o tratamento intensivo das peles estresadas (axentes externos, pantallas, fumadoras…). Estimula e protexe a epidermis, acondicionando a nosa pel e volvéndoa máis compacta, clara e luminosa en pouco tempo.
MESOESTETIC
BRIGHTENING PEEL BOOSTER
Xel non graxo de acción renovadora e aclarante baseado na combinación sinérxica do ácido glicólico e do ácido fítico. A alta capacidade exfoliante e rexeneradora do ácido glicólico produce unha descamación suave, reducindo o estrato córneo o que permite potenciar a acción antioxidante e despigmentante do ácido fítico. Disminúe ademáis a actividade melanoxénica, obtendo unha pigmentación máis homoxénea.
Aumenta de xeito significativo a hidrataciónl da pel, reactiva a renovación celular, á vez que axuda a reducir as lesión e irregularidades pigmentarias. Os poros redúcense visiblemente e as discromías difumínanse, deixando a pel máis clara e luminosa, cun tono uniforme. Ó ser un produto a base de ácidos o momento de emplealo será pola noite.
AOX FERULIC
Sérum con textura lixeira que gracias a súa acción revitalizante proporciona unha luminosidade inmediata na pel. Ademáis conta cun complexo de alta concentración de activos que lle confire propiedades antioxidantes e protectoras celulares. Indicado en todo tipo de pel.
AMPOLLAS FLASH
Están indicadas como tratamento antiedade diario para todo tipo de peles e tratamento de choque en peles fatigadas. Ademáis como contan cun efecto tensor e iluminador inmediato poden utilizarse como tratamento puntual de beleza inmediata antes da aplicación do maquillaxe para perfeccionar o acabado sobre a pel. Textura lixeira de rápida absorción que proporciona suavidade e confort.
EBERLIN
LE BLANCH
Toda a línea conforma un tratamento integral de aclaramento e uniformidade da pel. O Booster de Le Blanch é un potenciador en tódolos tratamentos antimanchas xa que contribúe na unificación do tono dos tecidos da epidermis e na desaparición e prevención de discromías. Elimina a melanina que se vai agrupando en grandes cantidades dando lugar ás hiperpigmentacións mediante a exfoliación e renovación da pel. Podemos utilizalo como potenciador no tratamento domiciliario ou como complemento no uso en cabina profesional.
VIT & ANTIOX
Esta línea é ideal para peles envellecidas prematuramente xa que a súa biotecnoloxía proporciona un gran aporte vitamínico. Son fórmulas indicadas para ofrecer maior resistencia ós estados de estrés, así como para previr o envellecemento prematuro e arrugas tempranas. Os seus principios activos estimulan o bo funcionamento da pel e osixenandoa co que consigue que esté sana e luminosa.
AMPOLLAS VIT C
A base de vitamina C pura e estabilizada, inhibe a formación de melanina e aclara as manchas. Conteñen retinol co que ademáis de aportar luminosidade e homoxeneidade ó rostro, suaviza arrugas, liñas de expresión e marcas de acné. Aplícanse pola noite como tratamento iluminador antiedade ou como cura intensiva nas peles máis castigadas.