Rexistro Sanitario NRS: C-15-004378

Confía na medicina estética para conseguir a imaxe que desexas

Na actualidade, as persoas somos máis libres e hai menos prexuízos para lucir a aparencia física que desexen, neste ámbito a medicina estética xoga un papel moi importante.

Este tipo de tratamentos son cada vez máis populares e desexados pola xente, grazas ós resultados positivos que proporciona. Dende LB Equipo Estético coñecemos os fins da medicina estética: a restauración, o mantemento e a promoción da estética, da beleza e a saúde mediante o emprego de prácticas médicas e de pequeno intervencionismo.

Para aqueles que están considerando un tratamento de medicina estética en Boiro, en LB Equipo Estético ofrecemos unha experiencia personalizada e segura. Coa nosa acreditación U48, garantimos a máxima calidade e seguridade en todos os nosos servizos, o que nos converte na túa mellor opción para tratamentos estéticos e reparadores.

No noso centro, poderás atopar unha ampla gama de tratamentos faciais, corporais, capilares e de beleza íntima, todos deseñados para axudarche a alcanzar a túa mellor versión. O noso equipo de expertos está aquí para asesorarche e axudarche a elixir o tratamento máis adecuado segundo os teus obxectivos e necesidades específicas.

O noso equipo de profesionais ofréceche asesoramento personalizado, co fin de que atopes o tratamento que máis se axuste ós teus obxectivos. Creemos na beleza sen transformación, unha alternativa que vai máis alá da estética convencional, logrando esa imaxe rexuvenecida e descansada coa que te identificas.

Tratamentos de medicina estética en Boiro que te revitalizarán

Nas nosas instalacións, completamente equipadas, contamos con toda a aparatoloxía necesaria para realizar os tratamentos de medicina estética de forma óptima, asegurando os mellores resultados.

Ácido hialurónico

É un dos protocolos máis demandados para a restauración de volumes. Podemos corrixir o surco nasoxeniano, o código de barras, as olleiras, o pómulo e o escote. Así como corrixir asimetrías ou realizar remarcación mandibular.

A rinomodelación é unha intervención estética indicada para suavizar protuberancias naturais, elevar a punta nasal caída ou para corrixir o perfil do nariz, obtendo así harmonía co resto da estrutura facial.

O perfilado labial, recheo de ácido hialurónico ou hidratación, mediante unha técnica minimamente invasiva inxectamos ácido hialurónico, o que nos permite resultados naturais e duradeiros, obtendo unha mellorar do aspecto dos beizos, dando volume e hidratación á zona.

O ácido hialurónico é un composto natural presente no noso corpo que ten a capacidade de reter a humidade, o que o converte nun aliado perfecto para a nosa pel. Coa idade, os nosos niveis de ácido hialurónico diminúen, o que pode causar deshidratación e presencia de arrugas, por isto é un dos tratamentos máis versátiles.

Neuromoduladores

¿Buscas un rexuvenecemento da mirada mantendo a expresión? Este é o teu tratamento. Trátase dunha sustancia moi segura para previr os primeiros signos de envellecemento que adoitan ser as engurras arredor dos ollos e da fronte.

A principal función destes neuromoduladores consiste en relaxar os músculos do rostro para conseguir a eliminación e atenuación de engurras e previr a súa aparición.

Outro tratamento habitual é a corrección do sorriso gingival, moderando a hiperactividade do músculo elevador do beizo superior.

O tratamento do bruxismo con neuromoduladores consigue unha notable melloría dos síntomas gracias a que reduce a excesiva contracción muscular dos maseteros, reducindo a presión exercida sobre a zona ATM conseguindo incluso o finamento do rostro.

Mesoterapia VIT

A mesoterapia facial consiste nas microinxeccións dun cóctel de ácido hialurónico, minerais, oligoelementos, aminoácidos esenciais e vitaminas para mellorar a calidade da pel, revitalizándoa e potenciando a luminosidade e así tratar o envellecemento da pel do rostro, achegando unha gran dose de hidratación.

Skinbooster Hydro Deluxe é un hidroxel de ácido hialurónico que estimula o coláxeno provocando unha mellora da densidade cutánea, rexenerando e corrixindo as engurras superficiais da pel, destinando a inxectarse na dermis e na epiderme para restaurar a pel de cara e collo.

Nboost é protocolo da Terapia Combinada Intelixente, que consiste nunha secuencia sinérxica de electroterapia médica Sectrum, combinada con Hydroo Deluxe e Cosmecéuticos Estéticos para restaurar a pel, previr os signos de envellecemento ou potenciar e prolongar outros tratamentos previos, todo nunha única sesión.

Peeling químico

Co peeling químico poderás recuperar a xuventude e vitalidade da pel coa aplicación dunha solución química que elimina as capas superiores que están danadas, reducindo considerablemente as manchas, unificando o tono e mellorando a textura da pel.

Fíos tensores

Os fíos tensores proporcionan un efecto lifting facial, axudan a tensar e recolocar a pel que se descolgou pola idade elevando os tecidos faciais. Pola súa efectividade, é un dos tratamentos antiaging más demandados co que poderás lucir unha pel máis nova e tersa con efectos inmediatos, é un proceso indoloro e de incorporación inmediata.

Radiesse

Fundamental para dar harmonía ao rostro, por iso cando falamos de Radiesse referímonos a un composto recheo dérmico, a hidroxiapatita de calcio que ten a capacidade de estimular o proceso de neocolaxénese, é dicir, activar a produción de coláxeno, restaurando a estrutura do óvalo facial, un dos elementos básicos para devolver xuventude ao rostro conseguindo así un efecto tensor sen xerar volume, un aspecto máis xuvenil e totalmente natural.

Tratamentos de medicina estética en Boiro que che revitalizarán
 Confía na medicina estética para conseguir a imaxe que desexas

Factores de crecemento

Se sufres caída capilar, os factores de crecemento proporcionan bioestimulación celular, freando a caída capilar e mellorando a calidade do pelo, axudando tamén a estimular novo crecemento e tamén potencian os resultados dos enxertos capilares. Nos casos de exceso de graxa no coiro cabeludo, axuda a normalizar a secreción pilosebácea obtendo un aspecto do pelo moi mellorado.

A inxección de plasma rico en plaquetas (PRP) créase a partir dunha mostra de sangre do paciente, o PRP contén non solo un alto nivel de plaquetas, senón que tamén dos factores de crecemento que son secretados activamente polas plaquetas, as cales interveñen en todos os procesos de rexeneración dos tecidos.

Os factores de crecemento son moi eficaces na mellora das cicatrices cirúrxicas, as atróficas, producidas polo acne e as fibróticas. Debido á súa capacidade de rexenerar o tecido tamén mellora considerablemente a calidade da pel, atenuando engurras e flacidez.

Full face

É unha técnica completa cuxo obxectivo é mellorar de forma global todo o rostro. O tratamento full face valora a relación de todas as partes do rostro entre si, e trátaa de forma conxunta, harmónica e global, con recheo de ácido hialurónico ou coa combinación tamén de indutores de coláxeno e neuromoduladores, para conseguir que o teu rostro se vexa máis rexuvenecido, firme, luminoso e descansado cunha redución significativa das engurras e liñas de expresión, volvendo a verte coa imaxe que desexas dende a primeira sesión.

Plasma IQ

Plasma IQ é un microbisturí eléctrico destinado a corrixir a pel con flacidez e descolgamento promovendo a rexeneración da pel desde dentro. É un dispositivo desenrolado por Neauvia que se pode utilizar en dermatoloxía, cirurxía plástica e medicina estética. Este dispositivo médico utiliza microhaces de plasma que solo funcionan a nivel da epiderme, polo que non dana a pel. Permite realizar tratamentos efectivos sen a molestia de ter que seguir un largo período de recuperación, de feito é coñecido sobre todo polo seu uso como ferramenta de blefaroplastia non cirúrxica.

  • Redución da lasitude da pel dos pálpebras, sendo a mellor alternativa á blefaroplastia debido a que non é procedemento cirúrxico
  • Redución das patas de gallo
  • Engurras arredor da boca
  • Engurras no collo e no peito
  • Corrección de cicatrices e estrías
  • Redución xeral da lasitude do rostro
  • Eliminación de lesións cutáneas benignas

Mesoterapia corporal

Trátase dun tratamento de tipo non cirúrxico cunha técnica de infiltración intradérmica indolora dunha mestura de substancias reafirmantes e lipolíticas totalmente biocompatible cos nosos tecidos, aplicado en dermis e tecido subcutáneo. Con este tratamento combatemos a celulite, a graxa localizada ou a flacidez. Logra unha diminución progresiva da zona tratada, con redución do volume, debido a que traballamos directamente sobre o tecido adiposo, de modo que se libera o exceso de toxinas e graxas.

Neauvia

Poñemos ao teu servizo esta radiofrecuencia médica de última xeración (RF) que maximiza os resultados nos tratamentos de reafirmación, tonificación e rexeneración; modificando o tecido da pel en tres áreas nun tempo récord:

  • Corporal
  • Vaxinal
  • Facial

NRose íntimo

Co paso do tempo apreciamos un cambio nos tecidos da zona xenital, sendo a menopausa un proceso normal de envellecemento da muller, onde os niveis de estróxenos e proxesterona diminúen asociando cambios na lubricación, estreitamento e distensabilidade vaxinal, atrofia ou dor durante as relacións sexuais (dispareunia), proído (purito), secura, ou incluso perdas de ouriña. Estes cambios tamén poder aparecer despois do parto, cuxas mulleres tamén necesitan restaurar a zona vulvovaxinal. En caso de mulleres que sufriron un cancro tamén poden sufrir cambios na súa área xenital, polo que se pode valorar a súa sintomatoloxía para ser tratada.

  • Uso de factores de crecemento
  • Restauración con ácido hialurónico
  • Neuromoduladores vaxinais
  • Radiofrecuencia médica
  • Terapias con hormonas bioidénticas

Reverso

O futuro do rexuvenecemento na túa pel

Reverso é un dispositivo de RF fraccionada que permite un rexuvenecemento cutáneo altamente eficiente e personalizado. É unha técnica non cirúrxica para tratar a flacidez, engúrralas, as cicatrices de acne, as estrías brancas ou os poros engrosados. As microagullas caracterízanse pola súa capacidade de rexenerar as fibras de coláxeno e elastina desde diferentes niveis da subdermis fortalecendo o tecido cutáneo de dentro cara a fóra.

¿Cales son os beneficios de Reverso?

  • Tensado e redensificación da pel
  • Redución de engurras
  • Máis turxencia e elasticidade
  • Pel máis suave e sá
  • Mellora da hiperpigmentación
  • Redución de cicatrices (incluíndo cicatrices de acné)
  • Difusión de estrías brancas e vermellas

Ó emitir a enerxía de radiofrecuencia de maneira precisa sobre a pel, a enerxía penetra e os signos de flacidez redúcense; creando unhas columnas de tratamento que deixan a pel sá ó redor das columnas que non ven afectadas, polo que o resultado é progresivo e duradeiro, verás a verdadeira mocidade ao alcance da túa man.

Blefaroplastia sen cirurxía

Co Plasma IQ, levamos a cabo este procedemento estético non invasivo deseñado para rexuvenecer a aparencia das pálpebras e a zona ocular sen recorrer á cirurxía tradicional. Este tipo de tratamento busca reducir o exceso de pel, arrugas finas, e bolsas nas pálpebras, logrando un aspecto máis novo e descansado.

Vantaxes da blefaroplastia sen cirurxía:

  • Menor tempo de recuperación: Os tempos de inactividade solen ser mínimos en comparación cunha cirurxía tradicional.
  • Sen cicatriz: ó non requirir incisións, non quedan cicatrices visibles.
  • Menor resgo de complicacións: ó non ser un procedemento non invasivo, os resgos cirúrxicos minimízanse.

Este tipo de blefaroplastia é ideal para quen buscan mellorar o aspecto dos seus ollos de forma máis natural e sen riscos e o tempo de recuperación asociados á cirurxía. Porén, os resultados son máis sutiles e temporais en comparación cunha blefaroplastia cirúrxica. Aínda que estes procedementos non son invasivos, a pel da zona das pálpebras é moi delicada e require atención especial.

Estamos aquí para poñerlle freo á caída capilar

Opta polos nosos tratamentos capilares!

A caída capilar pode ser causada por diversos factores, que se poden clasificar en factores internos e externos. Aquí tes unha breve lista dos motivos máis comúns:

Factores internos

  • Herdanza: a alopecia androxénica, tamén coñecida como calvicie de patrón masculino ou feminino, é a causa máis común de caída do cabelo e está relacionada coa predisposición xenética.

  • Hormonas: alteracións hormonais, como as que ocorren durante a menopausa, o embarazo ou debido a problemas da tiroides, poden provocar a caída do cabelo.

  • Enfermidades: condicións médicas como a alopecia areata, trastornos da tiroides, diabetes e outras enfermidades autoinmunes poden afectar o crecemento capilar.

  • Deficiencias nutricionais: a falta de nutrientes esenciais como o ferro, o zinc, vitaminas como a B12 e proteínas pode levar a unha caída excesiva do cabelo.

  • Estrés: o estrés crónico pode causar unha condición chamada efluvio telóxeno, onde o cabelo estra prematuramente na fase de caída.

  • Medicamentos: certos medicamentos, como os usados para a quimioterapia, anticonceptivos ou para tratar a hipertención, poden ter efectos secundarios que inclúen a caída do cabelo.

Factores externos

  • Uso excesivo de produtos químicos: produtos como champús fortes, tinguiduras e alisadores poden debilitar e dana o cabelo, provocando a súa caída.

  • Peiteados inadecuados: peiteados moi tensos ou o uso de accesorios que puxen moita tensión no cabelo poden causar alopecia por tracción.

  • Exposición ao sol e contaminación: a exposición prolongada ao sol e a contaminación poden danar a estrutura do cabelo e o coiro cabeludo.

  • Enfermidades do coiro cabeludo: infeccións ou inflamacións no coiro cabeludo, como a dematite seborreica ou a psoriasis, poden afectar o crecemento e a saúde do cabelo.

  • Dieta inadecuada: hábitos alimentarios pouco saudables, como dietas extremas ou non equilibradas, poden levar a unha nutrición deficiente que afecta a saúde do cabelo.


En LB Equipo Estético realizamos as terapias con máis éxito, coa tecnoloxía de factores de crecemento, os nosos médicos estéticos utilizan o teu propio plasma para estimular o crecemento do cabelo.

Un tratamento sen rechazo xa que é unha técnica realizada a partir do teu propio sangue. ¡Resultados visibles e duradeiros a longo prazo!

A mesoterapia capilar inxecta directamente no teu coiro cabeludo as vitaminas e nutrientes necesarios para revitalizar e fortalecer o teu cabelo desde dentro, totalmente necesarios pola crecente carencia dos mesmos.

¡Volverás a ter un cabelo radiante e saudable!

Poñerlle freo á caída capilar
A saúde íntima chegou para cambiar a túa vida

A saúde íntima chegou para cambiar a túa vida

O corpo da muller está exposto a embarazos, partos, cambios hormonais, menopausa... e todo isto implica moitos cambios externos e internos na zona vaxinal que afectan á súa seguridade e autoestima.

A estética vaxinal no só se centra en mellorar a aparencia, senón tamén en tratar diversas disfuncións e problemas que afectan á saúde e ó benestar das mulleres.

  • Incontinencia urinaria
  • Laxitude vaxinal
  • Sequidade vaxinal e atrofia vaxinal
  • Dolor durante as relacións sexuais (dispareunia)
  • Cambios estéticos e funcionais nos labios vaxinais
  • Cicatrices e desgarros postparto

Dende o rexuvenecemento vaxinal ata a corrección de problemas estéticos e a mellora das diversas disfuncións non quirúrxicas ofrecemos unha ampla gama de tratamientos íntimos deseñados específicamente para abordar as túas necesidades individuais.

Por qué elexirnos como centro de medicina estética en Boiro?

Centro autorizado

Somos un centro sanitario autorizado que cumpre con todos os rexistros sanitarios e todas as normativas de hixiene e seguridade, utilizamos equipamento e produtos autorizados, e contamos con profesionais cualificados.

Tratamentos personalizados

Cada persoa é única, e os seus servizos estéticos tamén. Ofrecemos tratamentos personalizados que se adaptan ás necesidades individuais de cada cliente.

Última tecnoloxía

Incorporamos a última tecnoloxía en todos os nosos tratamentos, mellorando non só os resultados, senón tamén minimizando o tempo de recuperación e maximizando a seguridade.

Formación continua

Na nosa clínica estética en Boiro comprometémonos coa formación continua do noso equipo médico. Todos os profesionais participamos regularmente en formacións e conferencias para estar ao día.

Descobre todos os nosos tratamentos de medicina estética en Boiro

Se estás a buscar unha clínica de medicina estética en Boiro, non dubides en pedir unha cita nas nosas instalacións. En LB Equipo Estética ofrecemos os mellores tratamentos realizados por profesionais experimentados, e estaremos encantados de resolver calquera dúbida que che poda xurdir. ¡Desfruta dos mellores tratamentos de medicina estética en Boiro!

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.