Rexistro Sanitario NRS: C-15-004378

Confía en LB Equipo Estético

Descobre o segredo para un corpo esculpido e saudable cos tratamentos corporais de LB Equipo Estético. No noso centro estético en Boiro, combinamos tecnoloxía avanzada e técnicas innovadoras para ofrecerche resultados que non só transforman o teu corpo, senón que tamén promoven o teu benestar xeral.

Visitanos e permite que os nosos expertos te guíen cara á mellor versión de ti mesmo. Non só transformaremos a túa figura, senón que melloraremos a túa calidade de vida. ¡Programa a túa consulta e comeza a túa viaxe cara a un corpo renovado!

Algúns dos nosos tratamentos

Indiba corporal

Indiba corporal

Tratamento estético avanzado que utiliza radiofrecuencia para estimular a circulación sanguínea, drenar líquidos e reducir a celulite.

Indicacións:

  • Remodelar a figura
  • Reducir a pel de laranxa
  • Estrías e flacidez
  • Acción reafirmante
  • Hidrata e suaviza a pel
  • Mellora a circulación
 Masaxe terapéutico

Masaxe terapéutico

Tratamento especializado que se centra na xestión e alivio de dores, tensións e molestias musculares. A través de técnicas manuais precisas, como presións profundas, amansamentos e estiramentos, esta masaxe mellora a circulación sanguínea, reduce a tensión muscular e promove a recuperación dos tecidos. É ideal para tratar lesións, tensión e dores crónicas, proporcionando un alivio efectivo e mellorando o benestar xeral.

Bellaction corporal

Bellaction corporal

Sistema de masaxe fisioactivo que está inspirado en movementos das mans da profesional, capaz de acceder os tecidos máis profundos, onde solo coas mans non se pode chegar.

Comprime e se desliza en superficie, non succiona, non tracciona nin estira, a diferenza do resto de sistemas, axuda a non povocar flacidez durante todo o tratamento.

 Peeling corporal e hidratación

Peeling corporal e hidratación

Unha exfoliación profunda que elimina células mortas, seguida dunha intensa hidratación para deixar a túa pel suave, radiante e nutrida. Experimenta unha textura renovada, un brillo saudable e unha frescura instantánea.

Luce o cambio que buscas!

Luce o cambio que buscas!

Bodyshock

Co tratamento Bodyshock poderás combater a celulite en diferentes graos, obtendo os mellores resultados. Confía na tecnoloxía deste tratamento estético en Boiro.

Envolturas

Realizamos diferentes envolturas que permiten ós nosos clientes presumiren de pel radiante e hidratada. Dende envolturas para mellorar a retención de líquidos ata para reducir volume e celulite.

Drenaxe linfático RENATA FRANÇA

Tratamento estético e terapéutico que utiliza técnicas de masaxe manual para estimular a circulación linfática e eliminar toxinas do corpo. A través de movementos específicos e presións controladas, este método axuda a reducir a retención de líquidos, mellorar a aparencia da celulite e favorecer a modelaxe do corpo. Ideal para desintoxicar e revitalizar a pel contribuíndo ao benestar xeral e á saúde da pel.

Recibe o mellor asesoramento profesional!

No noso centro estético en Boiro, ofrecémosche tratamentos personalizados que revolucionarán a túa beleza e benestar. Deixa que os nosos expertos, coa tecnoloxía máis avanzada, deseñen un plan á medida das túas necesidades. Non esperes máis para ver e sentir os cambios positivos. Contacta con LB Equipo Estético hoxe mesmo e comeza o teu camiño cara a unha renovación completa. A túa nova vida agarda!

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.