Microneedling
Co microneedling estimulamos a capacidade de rexeneración cutánea, son microagullas que nos permiten unha penetración máis profunda dos activos para mellorar manchas, marcas, pequenas enrrugas e incluso estimular o cabelo.
Esta técnica incrementa de xeito moi significativo o paso transepidérmico dos principios activos que necesitemos empregar en tratamentos faciais, corporais ou capilares.
O dispositivo é totalmente seguro, rápido e eficaz, permitindo a regulación da profundidade e velocidade da micropunción para adecuarse a cada tratamento. Conta ademais cunhas agullas dun só uso concibidas co tamaño óptimo para vehiculizar os activos que empregamos tendo en conta o seu peso molecular. Feito crucial que transforma a permeabilización da barreira cutánea na súa función principal.