Rexistro Sanitario NRS: C-15-004378

Os nosos tratamentos faciais faranche lucir un rostro perfecto

En LB Equipo Estético, rompemos co tradicional para ofrecerche tratamentos faciais que marcan a diferenza. Utilizando a última tecnoloxía e métodos revolucionarios, transformamos a túa pel para que luza máis nova, fresca e radiante.

Os nosos tratamentos personalizados están deseñados para abordar as túas necesidades específicas, desde a hidratación profunda ata a eliminación de imperfeccións.

Descubre os tratamentos faciais que temos para ti!

Indiba facial

Indiba facial

Tratamento estético avanzado que utiliza radiofrecuencia para estimular a circulación sanguínea e a produción de coláxeno na pel. Permite penetrar nas capas profundas da pel, promovendo a rexeneración celular e mellorando a firmeza e elasticidade. Obtemos un rostro luminoso, hidratado e rexuvenecido.

  • Reduce arrugas e liñas de expresión.
  • Mellora a aparencia das bolsas debaixo dos ollos e das olleiras.
  • Efecto lifting anti envellecemento.
  • Redefinir o contorno facial.
Hixiene facial + hidratación

Hixiene facial + hidratación

Comeza cunha limpeza profunda para eliminar impurezas e restos de maquillaxe, permitindo que os poros respiren. A seguir, aplicamos un hidratante que repón a humidade natural da pel, mellora a súa elasticidade e prevén a sequidade. Este proceso non só limpa e hidrata, senón que tamén revitaliza a pel, deixándoa suave e luminosa. Ideal para todo tipo de pel, asegura un aspecto fresco e saudable día tras día.

Tratamento específico para as olleiras

Tratamento específico para as olleiras

Dende parches de coláxeno nativo cun un efecto antidade moi refrescante, ata un tratamento Global Eyecon para todo o orbicular dos ollos; que a base de ácidos e cóctel de vitaminas revitalízao totalmente conseguindo unha mirada despexada e libre de fatiga.

Tratamento seborregulador

Tratamento seborregulador

Abarcamos todo o proceso de saneamento da pel, dende desincrustar os poros ata a reestruturación funcional de todo o tecido para lograr o equilibrio que tanto necesitan este tipo de peles.

 Tratamento antimanchas (ácidos)

Tratamento antimanchas (ácidos)

Coa aplicación de diferentes ácidos e a combinación coa microdermoabrasión, combatemos e limitamos as discromías da pel para lograr ese ton homoxéneo e luminoso.

 Os nosos tratamentos faciais faranche lucir un rostro perfecto

Non dubides en pedir a túa cita!

Hixiene facial con ONA

O dispositivo facial de INDIBA® que combina a hidrodermoabrasión (doble peeling), electroporación, LED e electroterapia de baixa frecuencia, para elevar a túa pel a un novo nivel de saúde e pureza.

Hixiene facial + INDIBA

Despois da limpeza, aplicamos o tratamento indicado en cada caso mediante INDIBA en Boiro, para obter resultados inmellorables.

Microneedling

Perfecto para combater os signos da idade e tratar imperfeccións na pel do rostro. Produce unha bioestimulación celular que multiplica a eficacia e maximiza os resultados.

Bellaction facial

Actúa sobre os tecidos brandos tanto da pel como do músculo, proporcionando os 4 efectos máis demandados:

  • Eliminar a celulite máis rebelde
  • Tonifica os tecidos brandos
  • Contribuír ao drenaxe dos líquidos acumulados
  • Remodelar

IPL

O paso do tempo e os factores externos aceleran o proceso de envellecemento na pel. O IPL fará que a túa pel mellore a súa tonalidade e textura e elimine as manchas, roxeces, poros dilatados e engurras finas.

Contacta con LB Equipo Estético

O noso equipo de profesionais está dedicado a transformar non só a túa aparencia, senón tamén a mellorar a túa saúde. Ofrecemos unha variedade de tratamentos personalizados que van dende nutrición clínica ata avanzadas técnicas de tratamentos faciais.

En LB Equipo Estético garantimos resultados que superan as túas expectativas. ¿Listo para o cambio? Contacta connosco e descubre como podemos axudarche a alcanzar a mellor versión de ti mesmo. ¡A túa transformación comeza aquí!

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.