Servizo totalmente personalizado
Esta técnica de maquillaxe semipermanente permite a creación dun deseño das cellas totalmente adaptado a cada persoa. Realízase depositando manualmente mediante unha pluma ou indutor, un pigmento na derme papilar.
O “pelo a pelo” acada un equilibrio e harmonía que por si mesmos enmarcan o rostro dotándoo dunha expresividade enteiramente natural. Compleméntase co microshading (efecto sombra) que intensifica a cor das cellas e mellora a súa forma.
Ademais permite embelecer o contorno dos beizos ou marcar o delineado dos ollos harmonizando o rostro e conseguindo o ansiado efecto de abrir e despexar a mirada.