Rexistro Sanitario NRS: C-15-004378

RETINOL

Publicado: 08 de outubro de 2024, 11:47
  1. Sala de Actividades
RETINOL

O Retinol é un poderoso ingrediente activo todoterreo, capaz de contrarrestar os efectos negativos do verán,  devolvéndolle á pel todo o seu esplendor. É un ingrediente potente e eficaz, pero pode ser irritante se non se utiliza correctamente.

AO ELEXIR UN RETINOL EVITA PRODUCTOS DE MALA CALIDADE 

Cando falamos de retinoles de mala calidade, referímonos a produtos que, por diversos factores, non brindan os beneficios esperados ou mesmo poden ser prexudiciais para a pel. Algunhas características dos retinoles de mala calidade inclúen:

1.Concentracións pouco claras: Non especifican a cantidade de retinol ou usan doses ineficaces.

2.Ingredientes irritantes: Produtos con alcol, fragrancias ou sulfatos, que poden empeorar a irritación.

3.Falta de respaldo científico: Marcas que non realizan estudos clínicos ou non son confiables.

4.Prezos sospeitosamente baixos: Indican baixa calidade ou pouca efectividade.

5.Mal envasado: Envases que permiten a entrada de luz ou aire.

6.Non incluír ingredientes calmantes: Fórmulas que carecen de hidratantes para evitar a irritación.

7.Falta de estabilidade: Retinoles en envases transparentes ou sen tecnoloxías como a encapsulación, o que provoca que se degraden rapidamente.

 

Para obter bos resultados, elixe marcas confiables, con tecnoloxía de estabilización, concentración clara e envases adecuados. 

Para enfrontar o outono, as nosas formulacións cosméticas inclúen activos fundamentalmente reparadores que actúan para solucionar de raíz as alteracións derivadas da sobreexposición a radiación solar, e o envellecemento. 

O Retinol pertence á familia dos retinoides, que son moléculas tanto de orixe natural como compostos sintéticos, e que derivan da vitamina A.

 A súa gran eficacia consolidao como un ingrediente fundamental no coidado da pel, gracias ás súas propiedades antienvellecemento e ós seus múltiples beneficios. 

No ámbito dermatolóxico é un principio activo amplamente utilizado nas formulacións cosméticas e dermátolóxicas pola súa capacidade para mellorar a textura da pel, reducir as liñas de expresión e enrugas finas e tratar o acné.

BENEFICIOS DO RETINOL:

Redución de engurras e liñas de expresión: O retinol é coñecido pola súa capacidade para minimizar a aparición de engurras finas e liñas de expresión, xa que promove a produción de coláxeno, que diminúe naturalmente coa idade.

Mellora da textura e o ton da pel: Ao estimular a renovación celular, o retinol axuda a suavizar a textura da pel e a igualar o ton, desvanecendo manchas escuras, pencas e marcas de acne.

Tratamento da acne: O retinol é un aliado contra a acne, xa que evita a obstrución dos poros e reduce a produción de graxa. Isto convérteo nunha opción efectiva tanto para persoas mozas como adultas que sofren de acne persistente.

Estimulación da renovación celular: Favorece a exfoliación natural da pel, permitindo que as células novas xurdan con maior rapidez, o que resulta nunha pel máis suave, brillante e rexuvenecida.

Control na producción  de melanina: ó favorecer a renovación celular, pode contribuir a reducir a hiperpigmentación e as manchas escuras, promovendo un tono de pel máis homoxéneo.

 

¿CÓMO USALO?

O retinol é un ingrediente con múltiples beneficios, pero para evitar irritacións e maximizar os seus efectos, é fundamental usalo correctamente. Introducilo gradualmente, protexer a pel do sol, hidratarla adecuadamente e evitar produtos irritantes adicionais son pasos crave para garantir que o retinol funcione de maneira efectiva sen causar dano.

 

Comeza cunha concentración baixa.

Úsao só pola noite.

Aplica 1-2 veces por semana ao comezo.

Limpa e seca ben o teu rostro.

Usa unha pequena cantidade (tamaño dun chícharo).

Hidrata ben despois da súa aplicación.

Usa protector solar diariamente.

Evita combinalo con produtos irritantes.

Se paciente e constante para ver os resultados.

 

Co tempo, a túa pel adaptarase ao retinol e gozarás dos seus beneficios sen efectos secundarios graves.

 

 

Noticias relacionadas

REVERSO - O FUTURO DO REXUVENECEMENTO NA TÚA PEL 15 Xan

REVERSO - O FUTURO DO REXUVENECEMENTO NA TÚA PEL

15/01/2024 Sala de Actividades
Reverso é un avanzado dispositivo de radiofrecuencia fraccionada que permite unha alta rexeneración e rexuvenecemento da pel eficiente. O dispositivo incorpora varias solucións tecnolóxicas innovadoras, que garantizan un tratamento adaptado ao paciente e resultados clínicos óptimos, mantendo o máis
OS TRATAMENTOS MÁIS DESEXADOS ESTAS FECHAS 30 Nov

OS TRATAMENTOS MÁIS DESEXADOS ESTAS FECHAS

30/11/2023 Sala de Actividades
Ás veces o estrés previo ás vacacións pode facer que cheguemos ao Nadal e á Noitevella con algúns signos de esgotamento, como sequedade, olleiras e engurras. Cómo estar radiante nesta época de ceas de empresa, reencontros con amigos e comidas familiares? Propoñémosche os mellores tratamentos para
NATURNUA 16 Nov

NATURNUA

16/11/2023 Sala de Actividades
NATURNUA ofrece a liña máis completa para conseguir ter un corpo xoven cunha pel sana. A súa ampla gama de produtos cosméticos naturales de alta calidade e efectividade, está avalada por moitos anos de experiencia a nivel nacional, internacional  e por tódolos nosos clientes. Así como, a
Manchas na pel; que son e cómo tratalas? 11 Out

Manchas na pel; que son e cómo tratalas?

11/10/2023 Sala de Actividades
As manchas na pel  son unha das principais preocupacións estéticas debido a que teñen un impacto directo na calidade de vida e autoestima de quenes as padecen. Existen diversos tipos de manchas e é fundamental diferencialas antes de iniciar calquer tratamento de despigmentación. O diagnóstico é

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.