Rexistro Sanitario NRS: C-15-004378

NEAUVIA - SECTUM

Publicado: 10 de outubro de 2023, 19:20
  1. Sala de Actividades
NEAUVIA - SECTUM

-Rethinking… o novo protocolo holístico que actúa sobre a epidermis para restaurar a pel e previr os signos do envellecemento-

 

 

En Lb Equipo Estético poñemos ó teu servizo esta radiofrecuencia (RF) médica de vangarda que maximiza os resultados nos tratamentos de reafirmación, tonificación e rexeneración; modificando nun tempo récord o tecido cutáneo en tres áreas fundamentais:

  •  Facial
  • Corporal
  • Vaxinal
     

En todas elas o procedemento é agradable e totalmente indoloro. Gracias a forma dos electrodos que se adaptan a cada zona específica, respetando a anatomía e garantindo a comodidade (o confort) en cada sesión.

Consta dunha sola sesión onde se combinan Cosmecéuticos, Radiofrecuencia e Ácido Hialurónico para traballar a hidratación profunda e mellorar a calidade da pel. Os resultados son acumulativos, así que a máis sesións, engadimos resultados e beneficios.

 

BENEFICIOS PREVENTIVOS:

  • Correxir temporalmente o déficit de tecidos blandos
  • Formar unha barreira epidérmica eficiente
  • Previr o adelgazamento da pel
  • Manter a homeostasis da pel para apoiar a rexeneración
     

BENEFICIOS VISIBLES

  • Aumentar a hidratación e tratar a sequedade da pel
  • Disminuír o dano UV
  • Igualar o tono da pel
  • Mellorar a pel de textura áspera
  • Efecto lifting
     

Esta tecnoloxía non invasiva e de última xeración, é capaz de acadar a restauración da pel (e mucosas) gracias a unha sinerxia única entre a optimización da entrega da enerxía á zona tratada, e a eficiencia estimulando o proceso de rexeneración (a nivel celular) da mesma.

A corriente difunde mellor e profundiza nos tecidos, atravesando a estructura da pel que se transforma dende dentro. Deste xeito, conseguimos uns resultados evidentes e duradeiros.

 

NEAUVIA - SECTUM - Imagen 5

-Aprobeita o poder da Radiofrecuencia-

NBoost FACIAL

É un tratamento cun potente efecto antiedade que se centra en dar solución ós principais problemas que causan e aceleran o proceso de envellecemento; como a pérdida de densidade dérmica ou a deshidratación.

Así que ademáis da rexeneración celular provocada pola enerxía da RF, combinamos o poder dunha solución cosmética específica concebida para incrementar os beneficios en cada sesión. Aporta principios activos como o Ácido Hialurónico ou o Glucógeno con propiedades reafirmantes, hidratantes e estimuladoras do propio coláxeno da pel.

 

NBoost CORPORAL

Indicado para reducir o tecido adiposo en zonas concretas, esculpir e modelar o corpo. Combina o traballo das ondas da RF sobre a graxa localizada favorecendo a lipólisis, co efecto potenciador do gel conductor; que conta cunha formulación rica en activos para favorecer o efecto térmico, acelerar o metabolismo celular e estimular o drenaxe linfático favorecendo así a redución da celulite e mellorando a firmeza e elasticidade da zona tratada e apariencia da silueta corporal. 

 

NRose VAXINAL

Éste protocolo de rexuvenecemento íntimo conta cun aplicador ergonómico e desbotable especialmente deseñado para tratamentos xinecolóxicos. En cada sesión o tempo de tratamento é corto e trátase dun procedemento non invasivo que se indica para tonificar e reafirmar a pel vulvar e o canal vaxinal.

Ademáis está especialmente indicado para mellorar os síntomas da menopausia, como a sequedade e a falta de elasticidade.

 

NEAUVIA - SECTUM - Imagen 4

 

 

 

 

Noticias relacionadas

RETINOL 8 Out

RETINOL

08/10/2024 Sala de Actividades
O Retinol é un poderoso ingrediente activo todoterreo, capaz de contrarrestar os efectos negativos do verán,  devolvéndolle á pel todo o seu esplendor. É un ingrediente potente e eficaz, pero pode ser irritante se non se utiliza correctamente. AO ELEXIR UN RETINOL EVITA PRODUCTOS DE MALA
REVERSO - O FUTURO DO REXUVENECEMENTO NA TÚA PEL 15 Xan

REVERSO - O FUTURO DO REXUVENECEMENTO NA TÚA PEL

15/01/2024 Sala de Actividades
Reverso é un avanzado dispositivo de radiofrecuencia fraccionada que permite unha alta rexeneración e rexuvenecemento da pel eficiente. O dispositivo incorpora varias solucións tecnolóxicas innovadoras, que garantizan un tratamento adaptado ao paciente e resultados clínicos óptimos, mantendo o máis
OS TRATAMENTOS MÁIS DESEXADOS ESTAS FECHAS 30 Nov

OS TRATAMENTOS MÁIS DESEXADOS ESTAS FECHAS

30/11/2023 Sala de Actividades
Ás veces o estrés previo ás vacacións pode facer que cheguemos ao Nadal e á Noitevella con algúns signos de esgotamento, como sequedade, olleiras e engurras. Cómo estar radiante nesta época de ceas de empresa, reencontros con amigos e comidas familiares? Propoñémosche os mellores tratamentos para
NATURNUA 16 Nov

NATURNUA

16/11/2023 Sala de Actividades
NATURNUA ofrece a liña máis completa para conseguir ter un corpo xoven cunha pel sana. A súa ampla gama de produtos cosméticos naturales de alta calidade e efectividade, está avalada por moitos anos de experiencia a nivel nacional, internacional  e por tódolos nosos clientes. Así como, a

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.