As manchas na pel son unha das principais preocupacións estéticas debido a que teñen un impacto directo na calidade de vida e autoestima de quenes as padecen. Existen diversos tipos de manchas e é fundamental diferencialas antes de iniciar calquer tratamento de despigmentación.
O diagnóstico é primordial para diferenciar as manchas melánicas que poden ser tratadas con métodos despigmentantes de outro tipo de manchas como o melanoma, os anxiomas, o vitíligo etc.
A hiperpigmentación é mecanismo natural de protección da pel fronte á radiación UV. A radiación solar é a principal causa da aparición de manchas cutáneas xa que desencadena unha sobreproducción de melanina, á vez que potencia o efecto de calquer outro factor desencadenante, sendo o responsable final de todos os tipos de manchas de orixen melánico. Ademáis, intensifica a coloración das manchas existentes como pecas, lentigos solares ou seniles, melasma e HPI.
Existen outros factores que contribúen á aparición das manchas oscuras:
- O envexecemento cutáneo: despois dos 40 anos, aumentan os desórdenes na producción e a distribución da melanina, dando lugar a lentigos seniles que son máis frecuentes nas zonas expostas ó sol como cara, escote, mans e brazos.
- Os procesos inflamatorios: procesos como o acné e as queimaduras ou certos tratamentos estéticos como o láser ou á exfoliación química poden chegar a pigmentar a piel debido á inflamación que producen. Neste caso, falamos de hiperpigmentación post inflamatoria (HPI), un tipo de mancha que é especialmente frecuente en peles oscuras.
- A predisposición xenética: alguns factores xenéticos predispoñen a certas persoas a desarrollar anomalías na pigmentación da pel. A exposición á luz solar suele facer estas anomalías máis visibles. No caso das efélides, que suelen darse especialmente en peles máis claras e en persoas pelirroxas.
- Medicación fotosensibilizante: alguns fármacos podes provocar fotosensibilidade e provocar a aparición de manchas cutáneas. Esto ocurre con fármacos como o ibuprofeno, os anticonceptivos, os antihistamínicos etc.
A exposición a axentes químicos: certos productos químicos como perfumes, desodorantes ou aceites poden provocar fototoxicidad e ser o orixe de algunhas hiperpigmentacións.
- As fluctuacións hormonais: as hormonas sexuais femeninas (estróxenos e proxesterona) estimulan a sobreproducción de melanina cando a pel se expón ó sol e poden dar lugar a melasma, que é o tipo de mancha máis común cando hai alteracións hormonais.
-¿Cómo eliminalas?-
Insistimos en que non se pode garantizar que unha mancha se elimine por completo, pero sí que se logre tratar e atenuar a súa apariencia.
Para lograr mellorar os distintos tipos de manchas, contamos con distintos tratamentos:
- COSMELAN é o método despigmentante profesional de referencia a nivel mundial, con 30 anos de existencia no mercado, que elimina as manchas visibles existentes e prevén a su reaparición para un resultado a corto e largo plazo. Combina unha única sesión en cabina con unha pauta cosmética a realizar na casa, definida polo profesional estético, e ten unha duración aproximada de 6 meses.
- CICLO DE ÁCIDOS: con aplicación de diferentes ácidos e a combinación coa microdermoabrasión, combatemos e limitamos as discromías da pel para lograr se tono homoxéneo e luminoso.
- IPL: é un tratamento destinado a mellorar a nosa pel. Actúa eliminando pequenas imperfeccións, estimulando o coláxeno e obtendo, de esta maneira, unha pel limpa, luminosa e rexuvenecida despois de cada sesión.
- PEELING MÉDICO: Mediante unha solución de diferentes sustancias químicas, que aplicamos nas zonas que queremos tratar, conseguimos exfoliar as capas externas da pel eliminando así as imperfecciones. De esta forma damos paso a unha pel nova, xoven e saudable, que mellora notablemente o aspecto do noso rostro.
- TRATAMENTO DOMICILIARIO: O tratamento domiciliario é igual de importante que o tratamento en cabina. Tratar as manchas co cosmético adecuada axudará a disminuír a mancha actual e evitar que aparezan outras.